Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

UN CAFÉ EN BOGOTÁ. DÚAS TUMBAS EN MEDELLÍN.

€20,00
ISBN 9788412898620

Estas páxinas describen un periplo de 45 días polos lugares máis emblemáticos de Colombia, como Bogotá, Cartaxena de Indias, Medellín, Cali ou San Basilio de Palenque, o primeiro territorio libre de América. Unha andaina na que se fala dos problemas dun país sacudido polas guerrillas, as bandas paramilitares e os crimes dos narcotraficantes. Un territorio de abraiante xeografía e ateigado de conxuntos coloniais como Vila de Leyva ou Mompox, dúas cidades identificadas con Antonio Nariño e Simón Bolívar, dous próceres da Independencia. Esta viaxe de tres mil quilómetros en solitario tamén é unha pescuda tras os pasos de Antón Avilés de Taramancos, que viviu naquel país vinte anos, e Gabriel García Marquez, o Premio Nobel máis recoñecido das últimas décadas.

____

Editorial: Medulia 09/2024
Idioma: Galego