Cinco minutos era o escaso tempo que tiñan os alumnos e alumnas da Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e Editorial Galaxia para desenvolver o seu traballo nas clases da terceira edición desta iniciativa anovadora, que chegou a ser presentada na feira do libro de Frankfurt.
Agora, para poñerlle o ramo ao curso, estes escritores e escritoras gradúanse e ofrécennos os seus mellores traballos, xa liberados da tiranía do reloxo. E, desta volta sodes vós, lectores e lectoras, os que xulgaredes o seu traballo, tanto en narrativa como en poesía.
____
Editorial: Galaxia 04- 2023Idioma: Galego