“Como un deses xogos cuxos xogadores van involucrando a outros e estes a outros e así sucesivamente, continuamente. As razóns para facelo ou o tema en xogo son o de menos. Un mero intercambio de cartas ou de fotografías desde diferentes lugares, unha cadea de oracións que hai que continuar baixo ameaza de condenación eterna, anatema e desgracia. O esencial vén a ser a capacidade de cada un dos xogadores para romper o elo, romper a cadea deixando aos demais abocados ao absurdo...”.
Teoría de xogos é unha novela envolvente onde a autora narra con sutileza e mestría as sensacións e acontecimentos íntimos dun grupo de cinco personaxes cuxa despreocupada relación cotidiana entra en correspondencia coas grandes transformacións sociais da Galiza recente.
_____
Editorial: Laiovento 1997
Idioma: Galego