Disque do amor ao odio só hai un chanzo. Con Tabiba, María Xosé Porteiro mergúllanos nun mundo de paixóns contraditorias que oscilan entre ambos sentimentos.Nos escenarios desta novela, desde o Alto Atlas ata o deserto de Sahel, da Mariña luguesa ata Londres e desde calquera outro lugar no mundo ata Barcelona, aniñan seres á procura do esencial e do transcendente, da razón e da loucura.
Quen entre no mundo que agachan estas páxinas soñará con galopar a lombos dunha Harley e desexará repensar a vida enriba dun dromedario, como o fai Tabiba.
____
Editorial: ELVIRA 05-2023Idioma: Galego