Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

SEÑOR DAS MOSCAS

€14,00
ISBN 9788478241859

 

PREMIO RISCO DE CREACIÓN LITERARIA 2007

Cunha estrutura encabezada por poemas de Safo de Lesbos a protagonista vai esmiuzando, nun xogo de intertextualidade: o que é a súa vida, marcada por un pasado de relacións imposible de esquecer, dende a primeira infancia ata o momento presente.

Vázquez Pintor, cunha linguaxe luminosa e unha poeticidade de imaxe que esixen do lector unha participación activa, explora algunha das vetas máis escuras do ser humano, a soidade os grandes traumas, a dor en estado lacerante para deixar constancia da catástrofe emocional que supón enfrontarse a vivencias limite.

Solidez, coherencia e complexidade formal conforme este universo rico que se rexe polas leis da simultaneidade perfecta de planos espazo-temporais, pola evocación de poemas que coma ecos, reinventan a memoria devastadora que nos a medida da concepción de que todo é cíclico, illa, fulgor do instante

O libro, que pode ser lido como un longo poema en prosa como as páxinas dun diario íntimo ou como uns delica. apuntamentos que convida á reflexión, foi definido polo  xurado do Premio Vicente Risco de Creación Literaria 2007 «Unha novela inovadora cunha gran carga poética na que abundan as figuras literarias. Sorprende o xogo tempo a presenza do mundo dos sentidos e o achegan a un tipo de sexualidade minoritaria. Velai o testemuño dunha biografia insubornable

 

____

Editorial: Sotelo Blanco

Idioma: Galego