Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

SEIS POEMAS GALEGOS

Agotado
€17,00
ISBN 9788494856501
Chan da pólvora edita unha versión ata agora inédita dos "Seis poemas galegos" de Federico García Lorca Os "Seis poemas galegos" de Lorca como nunca os liches antes...  semella imposible pero en Chan da Pólvora Editora conseguímolo grazas ao esforzo de Luis Cochón e Manolo González, que recuperaron autógrafos e apógrafos para reconstruír o texto previo á edición de 1935.  

O máis célebre dos poetas alófonos en galego, Federico García Lorca, coñecerá unha nova edición dos seus poemas en lingua galega. Acompañada de seis estudos obra de investigadores e autoras contemporáneas, os Seis poemas galegos segundo a editorial Chan da Pólvora conmemora dous feitos de xuño fulcrais: a aprobación do Estatuto de Autonomía de 1936 e a loita polos dereitos LGTBI. O volume, que inclúe debuxos inéditos de Seoane e texos [entre outros] de Méndez Ferrín, Isabel Bugallal e Arcadio López Casanova. Descubre un Lorca inédito...

____

Editorial: Chan da Polvora
Idioma: Galego