Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

RUNRUN

€16,40
ISBN 9788411763318

Tras a prematura morte dos seus pais, Aldara sofre un episodio psicótico, e a súa irmá, Uxía, faise cargo, soa, da situación.
Esta é a historia de Uxía, unha xanela para asomarnos á súa vida. Apenas unhas horas que nos deixan ver os seus afectos, os escollidos e os que veñen dados, que por veces se volven caníbales, das circunstancias e dos prexuízos que nos atrapan, e de como todo pode virar nun momento, do fácil que é estar no outro lado do espello, iso que tanto tememos.

ANA VARELA (Narón, 1978) é licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Actualmente traballa como tradutora e intérprete da Administración de Xustiza no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

En 2017 gañou o XXI Certame de Poesía Francisco Añón co seu primeiro libro, Asombrario, e en 2019 o VI Premio Gonzalo López Abente co poemario Onde nacen as hedras. Algúns dos seus poemas tamén viron a luz na revista Dorna.

Runrún é a súa primeira novela.


____

Editorial: Galaxia 10-2024
Idioma: Galego