Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

RUÍDO NUNHA NOITE DE VERÁN

€15,00
ISBN WP913
Un Puck distraído en perseguir coellos, unha Titania despeitada, un Oberón con pouca capacidade de mando, un pai anoxado, catro namorados confundidos e perdidos no bosque e un grupo de artesáns zoupóns protagonizan esta versión de Soño dunha noite de verán de William Shakespeare, que reforza os delirios do texto orixinal cunha. linguaxe accesible para os máis novos.

María Inés Falconi (Bos Aires, 1954). Leva toda a súa vida escribindo libros para rapaces, tanto narrativa como teatro. Ten publicadas máis de 50 obras na Arxentina e noutros países de fala hispana, entre os cales se atopan os libros da exitosa serie Caídos do mapa, publicados en galego por Sushi Books. Polo seu labor como dramaturga infantil e xuvenil recibiu galardóns no seu país e noutros, como o Premio Argentores, o Premio Fondo Nacional de las Artes, o Premio de Teatro para Niños Iberoamericano ou o Premio ATINA.

____