Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

RONSEL DE PRATA VELLA

€15,00
ISBN 9788412775617

Ronsel de prata vella, obra irmá de Que voy de vuelo, é a última entrega poética de Vicente Araguas. Este libro baséase nos catro movementos da 4ª Sinfonía de Johannes Brahms, un dos músicos favoritos do autor. Araguas considera que a música representa un paso máis alá do que a poesía pode logar, deixando atrás a filosofía. Neste libro, ambas disciplinas converxen nunha mestura épica e lírica que dá forma á obra, chea de emoción e sentimentos..

Vicente Araguas Álvarez, nado en Xuvia (Neda) o 24 de setembro de 1950, é un músico e escritor galego, un dos fundadores en 1968 do grupo Voces Ceibes.
Licenciouse en Filoloxía Inglesa na facultade de Filosofía e Letras de Santiago de Compostela, doutorándose o 27 de novembro de 2014 na Universidade da Coruña. En 1968 deu os seus primeiros recitais como cantautor, ao tempo que participou nas manifestacións universitarias que se realizaron nese ano en Santiago de Compostela. No seu primeiro disco (1968) gravou as cancións Agora, Poema triste, A cea e Os corpos (texto de Alfredo Conde). No segundo disco (1970) gravou O camaleón e A Léo Ferré, compañeiro e participou no disco colectivo Cerca de mañana (1972).
Participou no histórico recital do 26 de abril de 1968 na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela, 2000 persoas, con Xavier del Valle, Xerardo Moscoso, Benedicto e Guillermo Rojo. Vicente Araguas interpretou Comunión, A cea e Eles non sabían cantar. Participou na reunión do Hotel Compostela de Santiago na que xorde Voces Ceibes. Tamén participou no recital do 1 de decembro de 1968 no cine Capitol de Santiago.

___

Editorial: JUGLAR 03-2024
Idioma: Galego