(Vigo, 1974) é o fillo de Humberto, mecánico engraxador nun barco de pesca de altura, e Benilde, ama de casa, labrega e obreira nunha fábrica de conservas. Grazas ao duro esforzo dos seus pais e irmáns estudou enxeñaría, profesión que vén exercendo dende o ano 2000, deseñando e construíndo máquinas e instalacións que conxelen e conserven cousas. Gústalle viaxar, o café con natas, e bota de menos xogar ao fútbol cos amigos. Tocou o bombardino na banda de San Miguel de Oia durante dez anos e comezou a escribir en 2016 como terapia antiestrés. Dende entón, e ata este ano, gañou máis dunha trintena de premios, a metade de poesía e a metade de narrativa, o que o levou a múltiples publicacións colectivas e sete libros individuais, catro novelas, A senda de sal (Editorial Galaxia, 2017), Alana (2018),
O bosque do duque. ‘s-Hertogenbosch (Editorial Galaxia, 2022), Primavera. A camareira, o cuarto e o libro de poemas (2023) e os seus dous poemarios en solitario: Mover os marcos (2019) e koиpostєla (2023). Groenlandia é a súa quinta novela.
«A literatura fai que te pares máis a pensar en todo» Fran Fernández Davila