Unha exepcional edición facsimilar para estes Poemas del diez de marzo (escritos en la cárcel), os versos inéditos do avogado laboralista e político coruñés Rafael Bárez
Unha obra escrita na prisión d’A Coruña durante os nove meses que Bárez permaneceu confinado tras ser procesado polos sucesos do Dez de Marzo de 1972 (a protesta sindical nos estaleiros de Ferrol onde morrerían, a disparos da policía franquista, dous traballadores de Comisións Obreiras. Hoxe, o Dez de Marzo é o Día da Clase Obreira Galega). Además da reproducción fiel do mecanoscrito íntegro e inédito orixinal, esta edición conta con colaboradores de excepción: nunha primera parte escriben Manuel Rivas; o catedrático emérito da Universidade de Santiago, Xesús Alonso Montero; o senador e ex-presidente do Principado de Asturias, Vicente Álvarez Areces, e o historiador José Gómez Alén. Ademais, participou directamente a compañeira de Rafael, Toya Fernández, e o colectivo cidadán “Proxecto Cárcere”, que loita pola transformación do edificio do vello cárcere d’A Coruña nun espazo para a liberdade e a convivencia. A posta en marcha desta coidada edición, que conta co deseño de Pepe Barro, foi posible grazas á colaboración económica de máis de 400 personas –e colectivos– que apoiaron o proxecto (dez euros por persoa) mediante unha ampla e exitosa campaña de subscripción. POEMAS DESCUBERTOS NUN CAIXÓN Xesús Alonso Montero, Manuel Rivas e Toya Fernández, responsables do coidado da edición, afirman na nota editorial: “Poucas persoas en Galicia, do ámbito político, deixaron un ronsel de simpatía persoal, de adhesión moral e de admiración como o que deixou Rafael Bárez. Como tamén foi un cidadán esclarecido do eido da cultura, cada vez eran máis as voces, nestes tempos de miseria, que reclamaban un recoñecemento digno da súa biografía. Aquí as cousas, Toya Fernández, a súa compañeira, descobre nun caixón semiesquecido, un libro, un libro de poemas de Rafael, escrito na prisión da Coruña nos meses que seguen ó Dez de Marzo de 1972, aquel suceso que é un timbre de gloria na historia da clase obreira galega. Este é o poemario que hoxe ofrecemos a amigos, camaradas e admiradores de Rafael Bárez e a cantas persoas gusten da poesía escrita desde dentro dun gran acontecer histórico”. Toya Fernández: "Con este libro honramos a memoria de Rafael Bárez, amigo e compañeiro, que exerceu o dereito e a avogacía como instrumentos de loita política, de loita a favor das liberdades sindicais, de loita contra a desigualdade e a inxustiza. El, e moitos máis, sufriron cárcere e represión por esta causa. E é alí no cárcere, entre reixas, onde nace este libro de poemas. Porque poden privarche da liberdade de movemento pero nunca da liberdade de pensar como un home libre”. Xesús Alonso Montero: “Este poemario, más allá del documento, es un conjunto de textos de notable valía poética. El género –la poesía carcelaria– cuenta en España, desde ahora, con un título muy valioso”. Manuel Rivas: “Agora sei que non estabamos totalmente indefensos. Nalgún recanto da súa terra escondida, Rafael Bárez tiña un arsenal serodio, un depósito de humanidade que levedaba dende 1972”. Vicente Álvarez Areces: “Estábamos aislados de los presos comunes, y nuestra vida transcurría entre un patio interior y las celdas que estaban en una galería con acceso directo al patio, por lo que disponíamos de cierta libertad de movimientos durante el día”.
Idioma: Castellano

____
Editorial: AlvarellosIdioma: Castellano