Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

POEMARIO

€13,00
ISBN 9791399065015
Os escritos de Lorena Costoya non só falan do desamor, tamén do amor correspondido, ainda que doloroso, e da morte, que lle tocou de preto con tan só 15 anos, e que xogou un papel importante nos seus poemas e pensamentos daquela época. Tamén falan da amizade ou de como se sentía cando o seu pai debía marchar para o mar.
Atopando textos creados entre os 14 e os 22 anos de idade, o seu preferido sen dúbida é o da “Bella princesa”, a creación da que se sente más orgullosa, e que escribiu con tan só 17. “Fala da importancia de que che saiban mirar aos ollos. 
Ás veces as túas palabras din unha cousa, pero os ollos nunca minten. Non podía deixar pasar a oportunidade de intentar que ese poema quedase escrito nun libro, xa que o considero unha auténtica obra de arte”.

Na súa xuventude rimaban as ideas na súa cabeza. Durante as clases no instituto, na casa, ou mesmo na rúa, a inspiración atracábaa e mesmo lle poñía ritmo ás veces. En canto podía, collía aqueles cadernos e garabateaba as palabras que lle viñan, primeiro sen orde aparente, e logo collendo forma de poema. Este libro é a selección dos que ela considera mellores ou imprescindibles.

____

Editorial: Toxosoutos  08-2025
Idioma: BILINGUE GALEGO CASTELAN
Páxinas: 90
POESÍA