PLAUTO, OS XEMELGOS. TRADUCIÓN, INTRODUCIÓN CRÍTICA E GUÍA DE LECTURA
por Librería Abrente
€12,90
ISBN WP1059
Estudo introdutorio.
Bibliografía Os Xemelgos (menecmos) Menaechmi.
Guía de Lectura Suxerencias didácticas e de traballo.
Este libro ofrece a primeira versión en lingua galega dunha das obras de Plauto.
Este libro ofrece a primeira versión en lingua galega dunha das obras de Plauto máis influíntes: Menaechmi ou Os Xemelgos. Para facilitar a comprensión e a análise da obra, conta cun estudio introdutorio onde se sitúa o teatro de Plauto en xeral, e os Menecmos en particular, dentro das súas coordenadas culturais, históricas e literarias. O estudio complétase cunha ampla bibliografía que permite profundizar nos aspectos concretos que o lector poida considerar de interese. Co mesmo obxectivo, mais cunha perspectiva máis didáctica, a obra engade unha Guía de Lectura que pretende ser útil, non só para uso académico, senón tamén para darnos a visión dunha posta en escena de Menecmos ou de calquera outra obra plautina e das súas influenzas posteriores no teatro occidental. A comprensión e análise da obra compleméntase coa inclusión do texto latino orixinal, que acompaña a unha tradución vivaz, actual e desenfadada dunha das mellores e máis influíntes comedias de Plauto

____