Burundi, 1992. Gaby ten dez anos e pasa o día cos amigos nas rúas de Bujumbura, cos que rouba mangas nos xardíns do barrio, se baña no río e fuma ás agachadas. Pero a súa vida libre de preocupacións é interrompida pola separación dos pais (francés e ruandesa) e pola guerra, que o desposuirá do paraíso da infancia e o obrigará a medrar a marchas forzadas.
____
Editorial: RinoceronteIdioma: Galego