Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

PELO DE CENORIA

€15,00
ISBN 9788484871630

En Pelo de Cenoria, Jules Renard cóntanos a historia dun rapaz -el mesmo?-: constrúe o personaxe mediante bosquexos rápidos, incisivos, ás veces mesturados con poesía ou animados por un sentimento moi real e intenso da natureza, ás veces cruelmente irónicos, amargos, acentuados por un epigrama final. A novela é a dolorosa historia dun rapaz a quen a súa nai non ama e á que el tampouco ama, que é vítima do seu irmán, da súa irmá, de todos.

Pelo de Cenoria non é un desgrazado heroe da bondade, nin un mártir, o seu destino converteuno nun rapaz astuto, hipócrita, mesmo mentireiro, disposto a se defender de calquera maneira. É un ser cheo de sentimentos que non sabe esteriorizar e cando se esforza, torpe e parvo, só excita a hilaridade.

Publicada en 1894, Pelo de Cenoria, da que o seu autor tirou unha obra teatral e que foi levada ao cinema en diversas ocasións, é a obra máis coñecida de Jules Renard e a que o converteu nun escritor coñecido. Nesta novela, o seu autor narra a propia experiencia, a propia tristeza, e a pobre figura deste neno convértese en algo así como o símbolo da alma humana, esencialmente boa, ávida de afecto mais incapaz de abrirse aos outros, afogándose na propia amargura e na propia soidade.

_____

Editorial: Laiovento 2009

Idioma: Galego