Este libro, Patria de Maeloc, é unha colectánea de poemas e contos: Patria de Maeloc é unha escolma de poemas; A historia da Quisca é a vida da última cadela que tiven; As aventuras de Thanos e Mac son un conto imaxinado sobre dous cans que tamén existen e son reais, e Os contos de Guedellas son unha miscelánea de contos de cans, lembrándonos aos cans Cipión e Berganza de El coloquio de los perros (1609) de Miguel de Cervantes.
____
Editorial: Toxosoutos 08-2023Idioma: Galego