Estas estampas que tes na man, amable lector, son regatos dun río moito máis caudaloso. Un traballo moi extenso –de divulgación máis que un ensaio puro e duro–, unha crónica política arredor dos anos oitenta. Unha década intensa –quizais todas as son– mais aquela que se inaugurou coa autonomía política e se pechou coa vitoria –na foto finish– de Manuel Fraga, foi especialmente axitada. Houbo de todo: cambiou o curso do Amazonas, prendeu a mecha da rivalidade capitalina, un Borbón tivo que recuar… Por haber, ata houbo unha revolta duns conselleiros contra aquel que os nomeou. E tamén unha experiencia tripartita que acabou como acabou.
Todo isto é o que se conta nestas páxinas. Sen maiores pretensións. “Sine ira et studio”, como dixo o clásico.
Prólogo de Suso de Toro.
____
Editorial: Morgante
Idioma: Galego