Paisaxes de pan é un xeito de autobiografía poética coa que regresar á miña infancia rural, tan paradisíaca como elexíaca, recuperada aquí como lugar de resistencia. Coa memoria como liña conductora, antes de que os ecos e os signos esvaezan, a aldea e a casa recíbenme de novo, envolvéndome co seu latexo, para deixarme volver ao seu tempo e espazo suspendidos, porque, como dicía Baudelaire, "no fondo todos estamos determinados pola nenez"
Congregadas a carón do lume, recíbenme todas as personaxes que un día a habitaron. Como voceira de todas elas, a avoa Anuncia refire historias de pan e mitoloxías de noso, qeu invocan a Muller da Gadaña, a néboa do Chamoso e certos paxaros agoirentos. Pola súa boca fala o mundo....
____
Idioma: Galego