Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

OS EUCALIPTOS LEVAN O LUME DENTRO

€14,00
ISBN 9788412553628

 

Ángel cóntanos unha evolución persoal, sérvese de lembranzas concretas, de paisaxes, para presentarnos os sentimentos e as emocións de cada etapa, para falar en definitiva dos universais: o amor, o abandono, a felicidade, etc. Establece un xogo entre o simbolismo do binomio lume/eucalipto e os seus espazos interiores. Un xogo no que tamén participa o tempo, dende todas as súas perspectivas como por exemplo a audiovisual. Ten a capacidade de evocar imaxes potentes empregando unha linguaxe sinxela, comprensible, pero traballada.

O deseño e as fotografías de Breixo Parcero incluídas entre os textos, permítennos esas pausas necesarias entre etapas ou entre poemas. Complementan os versos de Ángel pero tamén contan a historia nunha outra linguaxe. Son un apoio para os textos, mas a súa vez, as fotografías levan a batuta, organizan e dan fin e comezo ás etapas, de xeito que as dúas linguaxes (visual e escrita) chegan a entrelazarse.

A forma é outro aspecto coidado e traballo, proba disto é o axuste entre as distintas tipografías, os tamaños dos caracteres, a variación do interletrado, ou a utilización de guións para suxerir varios sentidos nun mesmo verso. A forma complemente e sirve de base ao traballo realizado por Ángel e Breixo, axuda a afinar unha obra que se presenta como é: sen enfeites. 

A influencia audiovisual do autor, a súa experiencia e coñecemento do actual contexto cultural no que vivimos, está presente durante todo o poemario no contido e na forma. Expresións como “fóra de boca”, ou referencias claras a determinados filmes, enriquecen uns versos que nos parecerón desde Nêspera, ideais para comenzar a nosa andaina no mundo da poesía. Unha obra que encaixa totalmente coa nosa liña editorial, xa que a primeira publicación de Nêspera, Avelaíñas eléctricas, é tamén unha novela con moita carga poética e visual, e con unha escrita fluída.


Ángel Suanzes é licenciado en Ciencias da Información, profesión que exerce desde o ano 1997 en diferentes medios (Radio Voz, Antena 3TV, Telemadrid, Castilla la Mancha TV, Televisión de Galicia). Desde o 2006 ate o 2023 encárgase de temas culturais na TVG, especializándose no cinema. Durante esta etapa traballa no programa Zigzag con diferentes reportaxes sobre a súa especialidade, pero tamén sobre teatro, a literatura e a música. Actualmente forma parte do programa Galicia por diante Fin de semana da Radio Galega.
Fixo coberturas de festivais internacionais de cinema como Cannes, Venecia, San Sebastián, Seminci, Sitges, e os Premios Goya. Participaou en distintos festivais de cinema de Galicia presentando galas de apertura e clausura, e moderando mesas de debate (S8, Play Doc, Curtocircuíto, Cans, Cineuropa, OUFF, Novos Cinemas, MICE).
Este traballo a prol do cinema en xeral, pero sobre todo do galego, víuse recoñecido polo Festival de Cans, en 2023, outorgándolle o Chimpín de prata “Divina Campos”.
No referente a literatura, entrevistou a notables figuras da poesía española como Mario Obrero, e presentou poemarios como o de Pilar Rego (Humanario). No 2022 participou na SELIC (Semana do Libro de Compostela), xunto con Alba Doval, onde presentaban os seus poemarios e trataban os procesos de creación literaria. A ópera prima de Ángel títulase “E se a memoria está na boca” publicada por Urutau no 2020. Polo tanto Os eucaliptos levan o lume dentro é o seu segundo poemario, unha obra onde podemos apreciar a súa evolución como autor, con poemas máis extensos e a inclusión de xogos formais e literarios.


_____

editorial: néspera  06-2023

Idioma: Galego