Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

OS ANOS TRANQUILOS

€19,50
ISBN 9788411105583

A historia vertixinosa dunha muller extraordinaria que, ademais de traballar coas súas mans, pode ser quen de vivir como unha gran señora pola súa capacidade de aprendizaxe e mesmo, cando é preciso, empregar as armas necesarias para matar.

Cando María García nace, a comezos do século XX nunha aldea da montaña asturiana, as súas cartas semellan estar botadas. Todo parece indicar que o destino dela será medrar, vivir e morrer onde naceu. Mais aquela rapaza, que cría contar coas súas mans como único patrimonio, descubrirá axiña un comodín extraordinario que lle vai permitir percorrer medio mundo: a súa mente prodixiosa. Coa imaxinación, co instinto e coa intelixencia, María sorteará os mares bravíos das normas, vencerá atrancos e prexuízos e superará fronteiras físicas, mentais e sociais. «Os anos tranquilos» é a historia vertixinosa dunha muller extraordinaria que, ademais de traballar coas súas mans, pode ser quen de vivir como unha gran señora pola súa capacidade de aprendizaxe e mesmo, cando é preciso, empregar as armas necesarias para matar.

Llerena Perozo Porteiro (Vigo, 1974) non ten un oficio ao uso. Desde 2020 vive na Gargalleira (Silleda), onde habita un proxecto vital e social de volta á natureza, ao rural e á cultura. Ademais do seu activismo ecofeminista, a súa traxectoria profesional inscríbese nos eidos da cultura, do medio ambiente e da igualdade. Colaboradora regular en medios de comunicación («Praza Pública», «La Voz de Galicia», Radio Galega - TVG2, «Grial»), publicou tres libros de divulgación sobre igualdade e ecoloxía, varios libros destinados ao público infantil e xuvenil, así como as novelas «Pérez. Historia dun triunfo» (2021) e «Os anos tranquilos» (Xerais, 2024).

_____

Editorial: Xerais 04-2024

Idioma: Galego