Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

O XOGO DE ESCHER

€17,50
ISBN 9788411105392

Se cadra, «O xogo de Escher» é só un xogo. Ou é a vida mesma. Se cadra, «O xogo de Escher» non é nada. Ou é todo. IX Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira 2023.

Conectados ao gran computador central da compañía Escher, milleiros de seres humanos experimentan múltiples vidas, indistinguibles da vida real. Pero no xogo de Escher algúns xogadores conseguen chegar máis alá das aparencias. «O xogo de Escher» é unha distopía de ciencia ficción. Ou, talvez, unha novela histórica. Ou unha reflexión sobre o problema de demarcación de límites na ciencia. Ou un ensaio filosófico sobre o sentido da vida. Ou un revirado exercicio de metaliteratura que pretende romper a cuarta parede e interpelar o lector. Ou, se cadra, «O xogo de Escher» non é nada de todo iso e só é un libro que fala sobre un libro titulado «O xogo de Escher». Se cadra, «O xogo de Escher» é só un xogo. Ou é a vida mesma. Se cadra, «O xogo de Escher» non é nada. Ou é todo.

Manuel Esteban (Vigo, 1971) é médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria e profesor da rama sanitaria de formación profesional. Traballa no Centro Integrado de Formación Profesional Manuel Antonio. É pai de dous nenos, o maior dos cales ten síndrome de Down, e foi durante oito anos vicepresidente de Down Vigo. «A ira dos mansos», Premio Xerais 2016, foi a súa primeira novela, á que seguiron «O meu nome é Ninguén» (Xerais, 2018) e «A vinganza dos homes bos» (Xerais, 2020), todas elas protagonizadas polo inspector de policía Carlos Manso. «Setestrelo» (Xerais, 2023), publicada na colección Fóra de Xogo é unha novela destinada ao público xuvenil. Con «O xogo de Escher» (Xerais, 2024) gañou o IX Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. Fotografía do autor: Miguel Núñez.

____

Editorial: Xerais 04-2024

Idioma: Galego