Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

O NENO PASTOR QUE VENCEU O LOBO

€20,00
ISBN 9788478246571

Lembranzas dun galego emigrado en Cataluña. 

Olegario Sotelo Blanco fai unha revisión das súas vivencias a través dun texto ameno e ateigado de momentos de interese para o público lector. A figura singular de Sotelo Blanco é sen dúbida un referente histórico, pois se trata un dos más importantes editores independentes en lingua galega que xorde tras a ditadura.

O autor dimensiona as anécdotas e os eventos de carácter persoal inseríndoos nas diferentes épocas que lle tocou vivir e nos lugares polos que transitou, resultando así una lectura dinámica e entretida ademais de mostrarnos con honestidade a súa dimensión humana.

A fortuna quixo que este neno pastor nado en Quintela de Mazaira Ourense, emigrase a Cataluña durante a primera etapa do desarrollismo franquista. Ali coñeceu unha sociedade na que viu reflectidos o desafíos da súa amada Galicia en canto nación política e cultural.

A prologuista deste libro expresa con sagacidade o carácter que de fine o autor: «Devece pola súa terra e sempre lle pesou dalgún xeito a súa conc ción de ausente. Creo que a súa visión da emigración e a súa experie cia existencial como emigrante fraguaron nel unha personalida‹ controvertida que non sempre é ben comprendida na propia Galicia

Este libro abre unha xanela ás facetas más íntimas de Olegario telo Blanco a través das que podemos comprender mellor o talle r deste labrego editor.

____

Editorial: Sotelo Blanco 11-2023

Idioma: Galego