Oliver Twist, un orfo de 9 anos, logo de sufrir no orfanato a explotación, a fame e o medo, marcha a traballar como aprendiz para un enterrador. Maltratado tamén na funeraria, decide escapar e camiñar moitas millas para chegar a Londres.
Unha vez na capital, Oliver coñece un carteirista da súa mesma idade que traballa para Fagin, un home sen escrúpulos que se fai cargo del, utilizándoo para os seus roubos.
A partir de 6 anos
____