O caranguexo da pinza de ouro é o dono dun gran tesouro feito de cunchas. Non obstante, fáltanlle sete para que estea completo. Por iso falará coa ameixa, a vieira, o berberecho, o longueirón, a ostra, a zamburiña e o mexillón. Queres saber como son as súas cunchas e se logrou completar o caranguexo o seu tesouro? Mergúllate nesta aventura chea de sorpresas.
A nosa colección infantil procura descubrirlle ao público lector máis cativo a natureza que o arrodea, a través de elementos do xénero, desde unha perspectiva didáctica e plurilingüe.
Os álbums contan coas ilustracións de Iago Torres e os textos, elaborados para fomentar o gusto pola lectura, van acompañados das traducións ao portugués e ao inglés.
____
Editorial: Boadicea Editora 03-2023
Idioma: Galego