Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O SOLTEIRÓN

€15,00
ISBN 9788412393392

Antes de entrar de cheo na idade adulta e o mundo do traballo, Victor, un mozo algo desencantado e bondadoso, debe emprender unha viaxe até unha remota illa por expreso desexo do seu tío, un vello solteiro e túzaro. Con tal fin, deixa atrás o sinxelo fogar no que se criou ao quedar orfo, ao coido de Ludmilla, a súa nai adoptiva, e canda a filla desta, a prudente Hanna. Neste periplo cargado de misterio e soidade descubrirá segredos longo tempo ocultados, coa única compaña do seu vello can, o leal Spiz, un animal que entrou por dereito propio na historia da literatura.

Por ser Adalbert Stifter un escritor sen unha adscrición clara a unha determinada corrente e por recorrer a un estilo intimista moi preocupado pola estética, percíbense en O solteirón os ecos do romanticismo alemán, algúns trazos da novela iniciática, alén de extravagancias propias do realismo burgués, o gusto polos ambientes rurais, unha moral conservadora e un pouso humanista tendente á sublimación.

Admirado, entre outros, por Rilke ou Thomas Mann, quen cualificou a Stifter como «un dos narradores máis enigmáticos da literatura universal», para o caso cabe rescatar a descrición que del fixo Hannah Arendt como «o meirande paisaxista da literatura». En efecto, nesta novela, a paisaxe, descrita por extenso e con mestría, é un elemento clave sen o cal o texto perdería boa parte do seu engado.

____

Editorial: Hugin e Munin 10-2022
Idioma: Galego