Na España dos anos finais da ditadura franquista e da Transición democrática, coa aparición de novas clases sociais e económicas, xurdidas por mor da emerxente situación política, un profesor comparte confidencias cun inspector de policía, ámbolos dous xubilados, e o policía transmítelle a súa teima recorrente: o asasinato dunha rapaza, nun caso que puido resolver, mais sen consecuencias para os asasinos, amparados polos privilexios da caste á que pertencían.
____
Editorial: Toxosoutos 10-2022Idioma: Galego