Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

O MONSTRO

€14,00
ISBN 9788412393385

Henry Johnson, o elegante cocheiro negro que traballa para a familia Trescott, queda desfigurado tras salvar a Jimmie, o rebuldeiro fillo do doutor Trescott, de morrer entre as lapas do incendio que se desata unha noite na casa. A súa fazaña fai que toda a vila de Whilomville o considere un heroe, sobre todo cando se espalla o rumor da súa morte. Non obstante, malia a gravidade das feridas, o doutor consegue salvalo e empéñase en mantelo con vida, feito que desata unha silandeira e imparable vaga de repulsa entre a veciñanza.

Publicada en 1898 en Harper’s Magazine e un ano máis tarde na recompilación The Monster and Other Stories, esta novela curta de Crane aborda o racismo, os prexuízos, o ostracismo e a intolerancia cara aos afroamericanos que marcaron o século XIX e boa parte do XX nos Estados Unidos de América, ademais de retratar a humanidade e a compaixón a través do dilema ético que arrodea o doutor e afondar no concepto de monstruosidade. Tras a lectura, xorde a pregunta de a quen lle apoñer en verdade a etiqueta de «monstro», se ao personaxe así denominado ou, como apuntou Harold Bloom, á mente colectiva.

Estruturada en 24 capítulos narrados dende a perspectiva dunha voz omnisciente, o texto salienta polo estilo depurado, a economía expresiva, a recorrencia a imaxes e metáforas que atesouran unha gran carga simbólica, así como polo uso da ironía e a intensidade dalgunhas pasaxes.

____

Editorial: Hugin e Munin 07-2022
Idioma: Galego