Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

O LIBRO DO FÚTBOL

por VV.AA.
€16,70
ISBN 9788411760249

Dicía Eduardo Galeano que o fútbol é a única relixión que non ten ateos. E aínda aqueles que deostan este deporte non poden renegar das moitas veces que de nenos correron entusiasmados detrás dun balón dándolle patadas nunha rúa ou nun descampado. Unha improvisada cancha foi o feliz territorio da infancia de moitos de nós. Sobre ela forxáronse inesperadas alianzas e naceron grandes rivalidades. Nese terreo delimitado polas áreas das porterías todos eramos iguais, non había clases, nin razas, nin cores. Todos tiñamos un único obxectivo: o gol. 

Recuperando ese espírito infantil do xogo, presentamos nesta antoloxía unha escollida selección de once autores e autoras das nosas letras, o noso particular dream team, para pór en palabras a emoción e a paixón polo fútbol. Que soe o chifre do árbitro e que comece o xogo. Que gañe o mellor! 

ÍNDICE

PORTERÍA

QUE FACEMOS CON RIBERITAS?  Pedro Feeijoo

DEFENSA

TALENTO NATURAL.  Mercedes Corbillón

MEDIA

O PENALTI DA MEIGA.  Xosé Ramón Pena

GOLES CUÁNTICOS (1973-74/.  Alberto Avendaño

 O REGATE DE AMIRA.  Elena Gallego Abad

O ÚLTIMO PARTIDO.  Ana Abad de Larriba

A SABEDORÍA DE QUEN ODIA O FÚTBOL.  Rexina Vega

GOOOL!  Xosé Antonio Perozo

RCCV 1987. Ernesto Is

DIANTEIRA

CRÓNICAS MINÚSCULAS.  Cristina Pato

O DEMO DO BALÓN.  Afonso Becerra de Becerrá

_____

Editorial: Galaxia 05-2023

Idioma: Galego