Esta novela é, ante todo, unha crítica da sociedade norteamericana de comezos da década de 1920, unha sociedade despreocupada que gozaba do benestar económico da época e levaba unha vida onde o luxo era o elemento predominante. Tamén trata o tema da persecución do “american dream”, o soño americano, que afirma que calquera pode conseguir o que desexa co seu esforzo.
____