Brenda le nos balancíns do parque da aldea na que ela é a única meniña, ou sentada no escano á sombra dun pradairo mentres fita como os da casa traballan a terra.
Tamén abre libros os domingos, logo de amasar coas mulleres o pan na artesa, e devece vendo como a fariña se mistura coas páxinas, as letras, os puntos, os acentos...
____
Editorial: Medulia 2022Idioma: Galego