Crocodilos feroces, excéntricos mineiros do ópalo, coalas salvaxes, porcos furibundos, camelos rabudos e bebedores de cervexa insaciables forman parte da crueza do outback australiano descrita por Kenneth Cook.
Nesta selección de contos hilarantes, o autor recolle as súas propias experiencias, tan incribles como reais, polas máis diversas paisaxes de Australia, dende o deserto á Gran Barreira de Coral.
Kenneth Cook (1929-1987) foi un xornalista, documentalista e novelista australiano, coñecido polos seus relatos humorísticos, de notable éxito, que foron levados á pantalla en varias ocasións. Ademais, montou a primeira granxa de bolboretas do seu país e tamén cofundou un partido político oposto á guerra de Vietnam.
O seu recoñecemento como escritor chegou coa publicación da súa primeira novela, Wake in Fright, en 1961. A este seguiríanlle uns 20 títulos de ficción e non ficción.
Traducido por Moisés Barcia
_____
Editorial: Rinoceronte 07-2023Idioma: Castellano