Noutro planeta, escrito en 1896 pero que inicialmente non pasou a censura e só se publicou en 1901, con importantes fragmentos e capítulos enteiros desbotados, relata, como sinala o subtítulo, a historia da vida dos habitantes de Marte.
Noutro planeta, escrito en 1896 pero que inicialmente non pasou a censura e só se publicou en 1901, con importantes fragmentos e capítulos enteiros desbotados, relata, como sinala o subtítulo, a historia da vida dos habitantes de Marte. No planeta vermello viven uns seres benevolentes e tecnoloxicamente moi avanzados capaces de espertar o interese de calquera. Infántiev, creador dun rico imaxinario –en varios momentos anticipatorio–, trata nestas páxinas de explicar polo miúdo os costumes marcianos e a súa integradora e xusta vida en sociedade; é evidente que tiña a intención de reproducir o ideal socialista que tantos problemas lle trouxo no persoal. En ocasións, outorgando carta branca á fantasía; outras veces cinguíndose ás leis da Física e á vida real na Terra.É unha verdadeira mágoa que a censura se asañase con esta obra, máis aínda cando ten o valor engadido de ser, xunto coa novela No océano das estrelas (1892) de Anany Lyakide, un dos primeiros textos escritos en lingua rusa cuxa acción sucede en Marte. Ten, claro, moito de divertimento, máis tamén un feixe de virtudes literarias, históricas e mesmo ideolóxicas.

____