Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

NARRATIVA REUNIDA 1991-2001

€21,90
ISBN 9788411761833

Narrativa reunida (1991-2001) recupera os tres títulos que Luísa Villalta deu ao prelo: Silencio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As cha- ves do tempo (2001).

Estas tres obras, fulcrais na construción da personalidade intelectual e creativa de Luísa Villalta, son unha mostra do seu compromiso coa escrita e sociedade que lle tocou vivir, onde, como ela dixo, “as palabras son enerxía contra o tempo e o único depósito fiábel para a esperanza”.

LUÍSA VILLALTA (A Coruña, 1957 - 2004), alén de extraordinaria poeta, foi unha destacada narradora, dramaturga, ensaísta, tradutora, filóloga e violinista.
Viron a luz os seus poemarios Música reservada (1991), Ruído (1995), Rota ao interior do ollo (1995) e En concreto (2004), que se recollen en Pensar é escuro. Poesía reunida (1991-2004) (Galaxia, 2023), que a converteron nunha das voces máis importantes da literatura galega dos nosos tempos.

No campo dramático, salientan: Concerto para un home só (1989), O representante (1990), O paseo das esfinxes (1991), As certezas de Ofelia (1999) e Os doces anos da guerra (2011). Como narradora publicou Silencio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001). En canto ao ensaio, deu ao prelo O don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral (1992), Libro das colunas (2005) e O outro lado da música, a poesía (1999), reeditado por Editorial Galaxia en 2020.

____

Editorial: Galaxia 05-2024
Idioma: Galego