Lonxe dos criterios que separan a prosa da poesía, en Música de cinza tamén se contan historias, evócase o vivido, o perdido, o que xa non é, para que, dese xeito, regrese.
Poesía de raíz dionisíaca, discurso rítmico e escuro, a palabra de Manuel Forcadela arrinca do tempo, da caducidade, do devir imparable que nos dá sentido e que nos forma, esa cinza que nos fala de antigos fulgores, de lumes que xa arderon. Mais o poemario tamén se elabora a partir do aforismo de intención filosófica e a partir da función do azar na construción da beleza.
____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego