Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

MORREREI OUTRO DÍA

€15,00
ISBN 9788412128024

O destemido Ángel Alcalá Llach ofrécenos a crónica do seu percorrido vital, dende a súa nacenza até acabada a guerra civil. Nado en Valencia na década de 1920, no seo dunha familia de ideas liberais, igualitarias e anticlericais, axiña vive en Madrid o tempo de entusiasmo e esperanza reinante nos prolegómenos da proclamación da II República, cuxa chegada celebra. Xa adolescente, asiste a como o soño de igualdade se esfarela co golpe militar que conduce a unha contenda na que Europa mira cara a outro lado, e, ao cabo, á frustración e ao exilio, no campo de concentración de Saint-Cyprien.

A novela retrata con pulso certeiro os valores republicanos, as arelas e tristuras dos que, coma Ángel, pretendían mudar a realidade e loitar contra o escurantismo. Faino cun estilo literario sobranceiro e áxil, sen eufemismos nin equiparacións imposibles, a partir dunha base real: as lembranzas e apuntamentos do pai da escritora, Vicente Alonso Duch, álter ego do protagonista.

Cos trazos dunha historia de iniciación, e malia o doloroso dos feitos narrados, esta novela, se ben toma partido, comporta unha honestidade pouco frecuente, de resultas do cal nace un retrato enormemente conmovedor. Ao tempo, supón unha reivindicación dos vencidos na súa loita pola liberdade, dos traizoados e esquecidos pola historia, e unha achega á recuperación da memoria colectiva.

____


Editorial: Hugin e Munin
Idioma: Gallego