Ambientada na década de 1950, Mocidade conta a historia dun mozo que leva tempo pensando en fuxir a Europa desde o seu país natal, Suráfrica.
El coida que estudando Matemáticas, lendo poesía e aforrando diñeiro, estará preparado para vivir a vida con intensidade e convertela en arte. Porén, ao chegar a Londres non atopa por ningures poesía nin romanticismo. Ao contrario, sucumbe a unha vida monótona como programador informático. As aventuras azarosas e sen amor non supoñen un alivio. Falto de inspiración, deixa de escribir e comeza unha escura peregrinaxe na que é posto a proba continuamente. Un retrato da loita dun home novo para atopar o seu camiño no mundo, con tenrura pero sen medias tintas. Tradución do inglés de Iolanda Mato

____