Mariña é unha namorada do fútbol e da poesía. Despois dalgunhas dúbidas, por fin decide anotarse no equipo de fútbol feminino da vila coas súas mellores amigas. Empezan os adestramentos e elas pásano de marabilla practicando o seu deporte favorito. Cando se achega o primeiro partido, Mariña relouca por demostrar o moito que aprendeu e por axudar as compañeiras a marcar gol. Unha historia inspiradora sobre superación, traballo en equipo e o poder da amizade.
Pere Tobaruela naceu en Barcelona en 1965 e vive dende hai anos en Rois. É por isto que alterna a escrita en catalán e en galego. Con máis de corenta títulos publicados en varias editoriais, transita por diversos xéneros literarios: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, biografía, conto, novela... Dentro da súa produción novelística atopamos obras infantís e xuvenís, e tamén para o público adulto. En Xerais, é autor dos seguintes títulos: «A cripta do apóstolo» (2010); «Poñente» (2011); «Mariña e o balón» (2020) e «Mariña e o balón. O primeiro gol» (2026). Ademais, xunto con Andrés Meixide, é coautor da serie Formig4s, que xa conta con oito títulos.
_____
Editorial:XERAIS 02-2026
Idioma: Galego
Páxinas: 96
BIOGRAFÍA
XUVENIL - MERLÍN
A PARTIR DE 7 ANOS