Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

MAÑÁ, CANDO SEXAMOS LUNS

€19,50
ISBN 9788411107761

Un thriller social que retrata con precisión cirúrxica a sociedade contemporánea.

Un xubilado que coida unha esposa encamada, unha funcionaria en risco de expulsión, un dependente de ferraxaría envolto nun asunto turbio e unha empregada brasileira que espanta un trauma. Estas catro persoas, con vidas converxentes malia non o saberen, coinciden nunha sala de espera mentres fóra a noite é un tornado de barullo e xente. Son nómades dunha cidade que ve sorprendida a súa rutina co asasinato dun dos seus empresarios senlleiros. Unha cidade que é narrada por unha voz que son moitas voces e protagonizada por varias historias que se acaban confundindo. «Mañá, cando sexamos luns» é un thriller social que retrata con precisión cirúrxica a sociedade contemporánea. Unha novela onde a emigración, a soidade e a resistencia se converten nas verdadeiras protagonistas dunha narración que explora os límites entre a supervivencia e a dignidade.

____

Editorial: Xerais 02-2026
Idioma: Galego
Páxinas: 312
NARRATIVA
EDICIÓN LITERARIA