Publicada en 1805, esta novela mestura a espionaxe, a intriga política e o nacionalismo. A idea de escribir Leonora xurdiu tras a viaxe de Edgeworth a París, onde asistiu a moitas reunións nas que se debatían temas controvertidos, como o divorcio ou a liberdade sexual feminina. Segundo a autora, Leonora era “un volume de cartas cos personaxes dunha esposa amábel, unha heroína sentimental que se dá moitos aires, coma as das últimas novelas parisienses, e unha anciá que moraliza sobre as maneiras femininas e as consecuencias dos principios sobre os que actúan tales heroínas.”
____
Editorial: Rinoceronte 2021Idioma: Galego