Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

LARA E SABELA

€17,30
ISBN 9788491217459
Sabela, propietaria dunha galería de arte, desfruta facendo de modelo para Lara, unha das súas artistas. Namorada dela, sabe que as circunstancias da fermosa pintora, viúva recente, non facilitan as súas actividades sedutoras.

XXVI Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta



Sabela traballa atendendo os artistas da súa peculiar galería e ofrécelle á súa amiga todo o seu apoio. Xuntas lerán a inquietante misiva póstuma de Valentín, o home de Lara, e recibirán, copadas, o encargo de acoller a Ariel. Aínda que Lara trata de adiar o momento de enfrontarse á existencia incómoda de Ariel, visitarán un avogado que lles facilitará o camiño para abordar o problema. Mentres tanto, consciente da falta de cartos, na cabeza da pintora vai tomando forma a idea de saír das dificultades económicas dun xeito creativo, ilegal e arriscado.Ignacio Vidal Portabales indaga nesta obra, gañadora do Premio Manuel Lueiro Rey, na temática do amor feminino con humor, delicadeza e fortuna.


____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego