Este libro presenta as grandes teorías que explican e, á vez, configuran a práctica teatral moderna nos seus diferentes niveis: texto, dramaturxia, posta en escena.
Organizando o seu material de forma tan coherente como orixinal, e botando man dunha linguaxe case narrativa que converte a súa exposición nunha apaixoante aventura, Jean-Jacques Roubine percorre a historia do discurso teatral europeo desde o século XVII ata os nosos días achegándonos unha visión clara e aguda das motivacións internas e externas que provocan a súa evolución.
____