Mario Caneiro Ameneiros, nado en Narón en 1969, na madrugada de San Blas, son funcionario, gris, supoño, pai afeccionado e escritor cada tanto. Tiveron a ocorrencia de concederme unha mención honorífica no III certame Ágora de conto e o 2º premio do IV certame de narrativa Concello de Ames, así coma a publicación dun relato no libro colectivo Os relatos do verán 2002, outro segundo premio no VII certame de narrativa do Concello de Ames, o premio do III certame Rosa de Cen Follas que organiza o Colexio de Psicólogos de Galicia e a publicación dun relato na revista Infoxove por mediación da AELG. Ademais, en 2011 fun premiado no I certame de Relatos Tempos dixitais que deu lugar a unha publicación colectiva.
____