Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

HISTORIA PARA COÑECERMOS PONTEVEDRA: SAN MAURO

€11,00
ISBN

Pola súa situación xeográfica e administrativa, Pontevedra sempre dependeu dunhas boas comunicacións para dar servizo á súa área metropolitana, e como capital, ao resto da provincia. Estas infraestruturas teñen carácter paradoxal, por unha banda, unen espazos xeográficos, mentres que, por outra, separan lugares con algún significado. A zona leste da cidade está a experimentar esta circunstancia por mor da liña férrea que une a vila do Lérez con Vigo e Compostela.
Na actualidade, Pontevedra é a única grande urbe galega que gaña poboación de xeito constante, xa que logo, estase a expandir cara ao leste, até os barrios tradicionais da Parda e Valdecorvos en Mourente, sen esquecer Campolongo, no oeste. O reto no futuro será integrar eses barrios ao modelo urbano polo que aposta a cidade, centrado nas persoas e na calidade de vida, respectuoso co patrimonio cultural e natural das parroquias.

Volver, un tango pontevedrés: Rosa é o nexo emocional que mantén vivo no tempo a sensación de estar en casa. Cando Ana sae da estación de tren para ver a súa nai, a única patria que recoñece de seu, rexorden lembranzas que tiña agochadas. O relato cóntanos con certa nostalxia como se vai construíndo unha familia e como cambia co paso do tempo. A autora concibe as historias de vida como unha viaxe interior de ida e volta que transcorre na memoria das protagonistas, coa cidade de Pontevedra como fío condutor.

_____
Editorial: Elvira 12-2023
Idioma: Galego