Esta é a historia de Xebranco , do camiño vital que percorre , das súas arelas , desalentados e esperanzas. A través del o libro achéganos ao funcionamento das organizacións nacionalistas galegas de Lugo . Sen ser unha crítica de carácter xeral a estas , alerta sobre o perigo que teñen de converterse en tóxicas se determinadas prácticas non son modificadas ou eliminadas .
E tamén deixa no aire dous interrogantes : Como se constrúe a imaxe das persoas ? A idea que temos dalgunhas delas correspóndese verdadeiramente coa realidade ?.
____
Editorial: Medulia 2022Idioma: Galego