“Haikus con Silvas” é un conxunto de oitenta e un khaikus e oito silvas. Os haikus están compostos
en galego, en lembranza e homenaxe á lingua na que -segundo afirma o autor- súa nai lle ensinou
dende o berce- a falar, a rezar e a querer, mentres que as silvas fíxoas en castelán, en agradecemento ó idioma
“Haikus con Silvas” é un conxunto de oitenta e un khaikus e oito silvas. Os haikus están compostos
en galego, en lembranza ehomenaxe á lingua na que -segundo afirma o autor- súa nai lle ensinou
-dende o berce- a falar, a rezar e a querer, mentres que as silvas fíxoas en castelán, en
agradecemento ó idioma no que se comunica coa súa dona e coa súa filla, e co que se gañou a vida
como xornalista. Os haikus -que aluden ó transcurso do tempo, ó cambio das estacións ou ó
acontecer cotián- levan o calificativo de “morriñosos” porque están referidos con nostalxia ás cousas
que el viviu cando era neno: dende o canto dos grilos nos prados ou o do cuco nos carballos das
chousas ata a malla do trigo ou do centeo nas eiras, pasando polas vacas moscando no verán. As
silvas son un canto á vida, ó amor. ó sexo...
____