Nun pasado remoto, alén das néboas do tempo, houbo unha gran guerra. O bardo Väinämöinen, das terras de Kalevala, e mais a feiticeira Louhi de Pohjola, o país das tebras, enfrontáronse nunha batalla sen cuartel por posuír o Sampo, un muíño máxico que traía prosperidade ás xentes que o posuísen. Como resultado da contenda, o artello milagreiro ficou feito cachizas e formou as estrelas do firmamento, dando luz e vida ás terras da humanidade, pero Väinämöinen apañou e agochou os anacos máis grandes para que o Mal nunca se fixese con eles.
Mais isto é historia pasada… Ou non. A vida de Ahti é como a de calquera outro adolescente finlandés, mais el garda un segredo: vive só e ninguén o sabe. Polo demais, vai ao colexio, está a montar un grupo de música folque cos seus amigos Ilmari e Anni, e goza mentres pode da súa benquerida liberdade sen a tutela dos adultos. Porén, todo cambia cando unha vella arpa finlandesa cae nas súas mans. Ese instrumento, procedente dos tempos lendarios, levarao a descubrir que é descendente, xunto con Ilmari e Anni, dos Gardiáns do Sampo, unha antiga orde destinada a protexer o mundo contra as tebras. Xuntos hanse embarcar nunha aventura sen precedentes onde as antigas lendas cobran vida e unha nova sombra se ergue sobre o mundo para o alagar de maldade e unha nova noite eterna.
Idioma: Gallego

____
Editorial: UrcoIdioma: Gallego