Con Pantagruel, Rabelais presenta unha orixinalidade total: a fusión de xéneros populares (contos, refráns, chufas de estudantes, parodias relixiosas, etc.), a sátira sen piedade dos inimigos do ideal humanista (teólogos sorbonistas, xuristas obsoletos, beatóns cínicos ou frades corruptos), as pinceladas do real na amálgama da fantasía (xa sexan personaxes, tabernas, monumentos, lugares ou itinerarios), o entusiasmo ante as expectativas dun mundo novo e próspero, irmandado pola tolerancia e o saber, fan deste traballo primeirizo
unha obra mestra. E sobre todo é orixinal grazas á linguaxe, ricaz pola súa diversidade de rexistros, a súa creación verbal, os seus xogos de palabras, rimas e sons e as súas equívocas ambigüidades.
Seguindo o mesmo esquema de novela de cabalaría, Gargantúa non presenta o zigzag narrativo do seu predecesor. Os episodios organízanse en linearidade arredor do único protagonista e o realismo imponse sobre a fantasía. A cohesión argumental e a maduración estilística sonlle necesarias a unha obra cun obxectivo ideolóxico sen perder por iso o carácter lúdico e festivo.
____
Editorial: Rinoceronte 2021Idioma: Galego