Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

FUN HOME: UNHA FAMILIA TRAXICÓMICA

€21,00
ISBN 9788419795120

Bruce Bechdel é profesor de inglés e dirixe unha funeraria, ademais de ser o pai esixente e distante de Alison. Só cando esta admite, xa na universidade, que é lesbiana, descobre que o seu pai tamén é homosexual.

Pouco despois desta revelación, Bruce falece nun accidente, e déixalle á súa filla un legado de misterio, complexos e soidade. Gañadora do Premio Eisner, Alison Bechdel transforma a súa historia familiar nunha novela gráfica de referencia, de gran profundidade literaria e psicolóxica.

   Traducido por Belén Poutón Reboredo.

Alison Bechdel (Pensilvania, 1960) debutou na novena arte no ano 1983 coa súa tira Dykes to Watch Out For, pioneira na visibilización das lesbianas na cultura popular. Nela falouse por primeira vez do test de Bechdel, para avaliar a fenda de xénero en obras literarias e audiovisuais.

A súa primeira novela gráfica, Fun Home (2006), converteuse nun éxito de público e crítica.

_____

Editorial: Rinoceronte 02-2024
Idioma: Galego