Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

FARSA DE BULULÚ

€14,00
ISBN WP4073
O rei Bululú, que leva unha grande cachiporra, semellante á do rei de bastos, entra no salón seguido do Ministro de Facenda, o Médico Real e do Gran Canciller. Cando senta no trono ordena o xantar: poñeremos caldo de verzas con ben unto e moitas fabas, chourizos con cachelos, callos ben picantes con abundancia de prebe, razo asado, figo encebolado. Viño do Ribeiro, branco e tinto.

Escrita entre 1969 e 1970, esta peza, baixo o título O meu mundo non é deste reino, obtivo en 1973 o primeiro premio do Concurso Teatral Abrente de Ribadavia. Foi estreada en 1979 en Perlío co título Farsa de Bululú polo Grupo Teatral Tagallo de Perlío-Fene e publicada en 1992, con carácter no venal, polo xornal El Correo Gallego dentro da súa Biblioteca 114.

____