Volume de xinea popular integrado por miúdas pezas de ourivería poética. Cada unha das composicións que conforman esta obra son á vez fráxiles e intensas, de xeito que sexan doadas de inxerir tanto pola sensibilidade como pola intelixencia.
O propósito e transportar o vagar que sucede á fereza da tempestade interior. Logo de os elementos se conxuren en contra, despois de que a intensidade da febre do desacougo fose quen de abater o estímulo.
O que fica son sensacións complexas nas quee se mesturan a arela e o devezo canda o desvelo ou o arreguizo. No medio e medio da natureza máis propia, a vontade plena de ser procura faíscas que emitan unha imprescindíbel luz.
Texto poético e imaxe plastica entretecen un xogo de olladas complementarias que proxectan agudas intermitencias de enerxía positiva que resultan de todo necesarias para lles facer fronte a algúns dos máis rexos pesadelos da existencia

____
Editorial: Laiovento 02-2024Idioma: Galego